Menú InicioNoticiasCompeticionesGaleríaContacto

Campeonato Adarve

21/07/2017Volver

MARATÓN 10 HORAS

facebook twitter

DATA: 5 de agosto de 2017.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Campo de Fútbol de Nadela (Coordenadas: 42°58'03.9"N 7°30'30.3"W)

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: xoves 3 de agosto de 2017 ás 20:00 horas.
Se realizará a través do formulario na páxina web do club (www.arcomuralla.es).
Dentro da páxina atoparedes unha opción para inscribir a todo o equipo e outra
para inscricións individuais (por se non tedes equipo, axudámosvos a atopar un que vos adopte).
Non se admitirán inscricións por outro medio.
Na inscrición tamén atoparedes un apartado para indicar o número de
acompañantes que virán con vós a esta xornada.

PREZO DE INSCRICIÓN: 12 euros por persoa que se aboarán no momento de
recollida dos dorsais (a inscrición inclúe a comida). Os acompañantes aboarán 10€ pola comida.

NÚMERO DE PRAZAS: 14 equipos, estarán compostos por un mínimo de 3 arqueiros/as e un máximo de 6.

MODALIDADE: arco recurvo, poleas e tradicional.

NORMAS DO MARATÓN:
- Durante as 10 horas que dure a competición sempre ten que haber un membro do equipo competindo.
- Tiraranse as seguintes distancias: 70, 50, 30 e 18 metros.
- Os equipos poden ser mixtos e terán que estar compostos por un mínimo de 3 arqueiros/as. A modalidade dos/as arqueiros/as poderá ser: arco recurvo, poleas e tradicional.

- Os equipos compostos por persoas menores de 14 anos ou arqueiros que tiren con arco tradicional recibirán unha compensación de 20 puntos por cada tirada que realicen estes/as arqueiros/as.
- Os equipos compostos por arqueiros/as que tiren con arco de poleas descontarase 30 puntos en cada distancia que realicen estas persoas.
- O longo da competición haberá mini-competicións sorpresa.

TROFEOS: Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as equipos clasificados/as.

HORARIO ORIENTATIVO:
09:00 – 09:45 Recepción de arqueiros/as, entrega de dorsais, revisión de material e adestramentos.
10:00 – 20:00 Competición
20:30             Entrega de trofeos

Horarios
Sin establecer
Inscripción Resultados