Campeonato Adarve
22/05/2017Volver
CLASES: Esquio, Benxamin, Alevín, Infantil, Cadete, Junior, Senior, Veterano e Adaptado; Muller ou home
DIVISIÓNS: Arco Recurvo e Arco Composto.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Campo de Tiro Boa Vila - A Devesa (Pontevedra)Coordenadas: 42º 29’ 39” N, 8º 39’ 31” W
DATA: Sábado, 10 de xunio de 2017
CATEGORIAS: Esquio, Benxamin, Alevín e Infantil; Muller e Home; Arco Recurvo e Arco Composto.
HORARIO:
15:30 Recepción de arqueiros/as e entrega de dorsais
15:45 Inicio das tandas de entrenamento
16:15 Comezo do Campionato 1ª serie de clasificación a 12/30/40/50 m 2ª serie de clasificación a 12/18/30m
19:00 Inicio das eliminatorias (dende 1/4 de final) para infantis
20:00 Inicio finais
20:30 Entrega de trofeos
DATA: Domingo, 11 de xunio de 2017
CATEGORIAS: Cadete, Junior, Senior, Veterano e Adaptado; Muller e Home; Arco Recurvo e Arco Composto.
HORARIO:
09:30 Recepción de arqueiros/as e entrega de dorsais
09:45 Inicio das tandas de entrenamento
10:30 Comezo do Campionato 1ª serie de clasificación a 50/60/70 m 2ª serie de clasificación a 50/60/70m
13:30 Descanso para xantar
15:30 Probas eliminatorias Apertura de campo Series de entrenamento
16:15 1/8 de final (en función do nº de participantes na categoría) 17:45 Finais polo bronce Arco Composto
18:15 Finais polo bronce Arco Recurvo
18:45 Finais polo ouro Arco Composto
19:15 Finais polo ouro Arco Recurvo
20:00 Entrega trofeos
NORMAS DO TORNEO: Normativa WA e RFETA Trofeo valedoiro para o Campionato de España de Aire Libre e para a obtención de recompensas WA.
DESARROLLO DA COMPETICIÓN Se realizaran duas series de clasificación consistentes en 36 frechas tiradas en 6 series de 6 frechas cada unha. As clases esquio, benxamín, alevín e infantil, tiraran as suas series en tandas de 3 frechas.As eliminatorias según Reglamento WA, se disputaran dende 1/8 de final e según o numero de inscritos. Os arqueiros de Arco Composto serán ao mellor despois de 5 series de 3 frecha cada unha . Os arqueiros de recurvo disputaran a eliminatoria por set a un máximo de 5 series de 3 frechas cada unha.
TROFEOS: Segundo a normativa nº 1 da FGTA
INSCRICIÓNS:Realizaranse enviando á FGTA, debidamente cuberto, o boletín de inscrición que se xunta a esta convocatoria, a través do correo electrónico inscripcions@fgta.es A data límite de recepción das inscricións é o día 1 de xuño de 2016, ata as 24:00 horas. As inscricións deberán enviarse no formato do formulario que se xunta coa circular; no caso de enviarse en formato distinto non será tida en conta.
ACREDITACIÓNS Os entrenadores/monitores que desexen estar acreditados no Campionato deberán facelo constar no formulario de inscrición. Admitirase un máximo de un entrenador/monitor por club. Os entrenadores/monitores deberan estar en posesión do certificado de delincuantes sexuais que teran que remitilo a Federación para que poidan ser acreditados.
TAXAS DE INSCRICIÓN: Segundo a normativa nº 7 da FGTA.
ORGANIZA: Club Boa Vila e FGTA
COLABORA: Concello de Pontevedra
NOTA SOBRE OS HORARIOS: Os horarios son orientativos, poderán variar en función do número de inscritos. De producirse algunha variación daráselle a oportuna publicidade; ademais de publicarse o día do Torneo no taboleiro de anuncios do campo da competición.