Campeonato Adarve
13/12/2016Volver
Seguindo o calendario da FGTA, convócase o Campionato Galego de Sala - 2017
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Pavillón Polideportivo Municipal Taboadela (Ourense) Estrada OU320 (OU40) km 17 32690 Taboadela (Ourense) Situación do campo: Posición 42.239735, -7.821308
DATA: Sábado 14 e Domingo 15 de xaneiro de 2017
HORARIO:
SÁBADO 14:
Quenda da mañá: 9:00 Recepción de arqueiros/as e entrega de dorsais Tandas de entrenamento Revisión de material
9:45 Comezo da competición
12:45 Comezo das eliminatorias
13:30 Entrega de trofeos
DIVISIÓNS E CATEGORÍAS: Arco Recurvo e Arco Composto Categorías: Infantil, Alevín, Benxamín e Esquío (Muller e Home)
Quenda da tarde: 15:00 Recepción de arqueiros/as e entrega de dorsais Tandas de entrenamento Revisión de material
15:45 Comezo da competición
18:15 Comezo das eliminatorias
20:30 Entrega de trofeos
DIVISIÓNS E CATEGORÍAS: Arco Espido e Arco Tradicional (instintivo, recto) Categoría Senior, Junior Cadete e menores 14 (Muller e Home)
DOMINGO 15
09:00 Recepción de arqueiros/as e entrega de dorsais Tandas de entrenamento Revisión de material
09:45 Comezo da competición
13:00 Peche do campo de tiro
15:30 Apertura do campo de tiro
16:00 Comezo das eliminatorias
18:30 Entrega de trofeos
DIVISIÓNS E CATEGORÍAS: Arco Recurvo e Arco Composto Categorías: Cadete, Junior, Senior e Veterano (Muller e Home) Arco Adaptado Categoría única (Muller e Home)
NORMAS DO TORNEO: Normativa nº 2 FGTA Normativas RFETA Normativa WA Tiro sobre diana en sala Trofeo valedoiro para recompensas FITA, para o Campionato de España de Sala, para a obtención de recompensas RFETA e para a obtención de subvención da FGTA para á asistencia aos Campionatos de España.
PARTICIPANTES: Todos/as os/as arqueiros/as que posúan licenza federativa en vigor, podendo optar soamente a ser declarados/as campións/as aqueles/as que a teñan solicitada a través da FGTA.
TROFEOS: Segundo a normativa nº 1 da FGTA
INSCRICIÓNS:
Realizaranse enviando á FGTA, debidamente cuberto, o boletín de inscrición que se xunta a esta convocatoria, a través do correo electrónico inscripcions@fgta.es
A data límite de recepción das inscricións é o día 4 de xaneiro de 2017, ata as 20:00 horas.
As inscricións deberán enviarse mantendo o formato do formulario que se xunta coa circular; no caso de enviarse en formato distinto non será tida en conta.
TAXAS DE INSCRICIÓN: Segundo a normativa nº 7 da FGTA.
ORGANIZA: Federación Galega de Tiro con Arco
COLABORA: Club Lumelar e Concello de Taboadela
NOTA SOBRE OS HORARIOS: Os horarios son orientativos, poderán variar en función do número de inscritos. De producirse algunha variación daráselle a oportuna publicidade; ademais de publicarse o día do Torneo no taboleiro de anuncios do campo da competición.