Menú InicioNoticiasCompeticionesGaleríaContacto

Campeonato Adarve

28/10/2016Volver

TROFEO FEDERACIÓN GALEGA-XUNTA DE GALICIA DE SALA

facebook twitter

Seguindo o calendario da FGTA para o ano 2016, convócase o Trofeo Federación Galega-Xunta de Galicia de Sala

LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Pavillón municipal O Longoiro – Valdoviño (A Coruña)
Coordenadas: 43? 35´ 15,1´´N
8? 11´ 0,1.1´´ W
https://goo.gl/maps/F4hAAmzKrcB2

DATA: Sábado 12 e Domingo 13 de novembro de 2016

HORARIO:

SÁBADO 12:

QUENDA DE MAÑÁ:
09:30 Recepción de arqueiros/as e entrega de dorsais
10:00 Tandas de entrenamento
Revisión de material
10:25 Remate das prácticas
10:30 Comezo da competición
13:45 Remate da competición
14:00 Entrega de trofeos

DIVISIÓNS E CATEGORÍAS:
Arco Recurvo e Arco Composto
Categorías: Infantil, Alevín, Benxamín e Esquío (Muller e Home)

QUENDA DE TARDE:

15:30 Recepción de arqueiros/as e entrega de dorsais
16:00 Tandas de entrenamento
Revisión de material
16:25 Remate das prácticas
16:30 Comezo da competición
19:45 Remate da competición
20:00 Entrega de trofeos

DIVISIÓNS E CATEGORÍAS:
Arco Recurvo e Arco Composto
Categorías: Cadete Junior, Senior e Veterano (Muller e Home)
Arco Adaptado
Categoría única: Muller e Home

DOMINGO 13:

QUENDA DE MAÑÁ:

09:30 Recepción de arqueiros/as e entrega de dorsais
10:00 Tandas de entrenamento
Revisión de material
10:25 Remate das prácticas
10:30 Comezo da competición
13:45 Remate da competición
14:00 Entrega de trofeos

DIVISIÓNS E CATEGORÍAS:
Arco Espido e Arco Tradicional (instintivo, recto)
Categoría Senior, Junior, Cadete e Menor 14 anos (Muller e Home)

NORMAS DO TORNEO:

Normativa nº 2 FGTA
Normativas RFETA
Normativa WA Tiro sobre diana en sala
Trofeo valedoiro para o Campionato de España de Sala, para a obtención de recompensas RFETA e
para a obtención de subvención da FGTA para á asistencia aos Campionatos de España.

PARTICIPANTES:
Todos/as os/as arqueiros/as que posúan licenza federativa en vigor, podendo optar soamente a
ser declarados/as gañadores/as aqueles/as que a teñan solicitada a través da FGTA.

TROFEOS:
Segundo a normativa nº 2 da FGTA

INSCRICIÓNS:
Realizaranse enviando á FGTA, debidamente cuberto, o boletín de inscrición que se xunta a esta
convocatoria, a través do correo electrónico inscripcions@fgta.es
A data límite de recepción das inscricións é o día 2 de novembro de 2016, ata as 20:00 horas.
As inscricións deberán enviarse mantendo o formato do formulario que se xunta coa circular; no
caso de enviarse en formato distinto non será tida en conta.

TAXAS DE INSCRICIÓN:
Segundo a normativa nº 7 da FGTA.
ORGANIZA:
Federación Galega de Tiro con Arco

COLABORA:
Concello de Valdoviño e Club A Frouxeira

NOTA SOBRE OS HORARIOS:
Os horarios son orientativos, poderán variar en función do número de inscritos. De producirse
algunha variación daráselle a oportuna publicidade; ademais de publicarse o día do Torneo no
taboleiro de anuncios do campo da competición.

Horarios
Sin establecer
Inscripción Resultados