Menú InicioNoticiasCompeticionesGaleríaContacto

Campeonato Adarve

27/07/2016Volver

MARATÓN 10 HORAS - 2016 TIRO CON ARCO EN AIRE LIBRE

facebook twitter

DATA: sábado 6 de agosto de 2016.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Campo de Fútbol de Nadela
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: xoves 4 de agosto de 2016 ás 20:00 horas.
Realizarase cumprimentando o formulario de inscrición correspondente na páxina
web do club www.arcomuralla.es.
Non se admitirán inscricións por outro medio.
PREZO DE INSCRICIÓN: 12€ por persoa que se aboarán no momento de recollida
dos dorsais (a inscrición inclúe a comida).
ACOMPAÑANTES: Aquelas persoas que acompañen ao equipo e queiran quedarse a
xantar connosco, deberán inscribirse xunto co equipo ao que acompañan, aboando o
mesmo prezo que os/as deportistas. O formulario de inscrición conta cun apartado
específico para elas.
NÚMERO DE PRAZAS: 14 equipos, estarán compostos por un mínimo de 3
arqueiros/as e un máximo de 6.
MODALIDADE: arco recurvo, poleas e tradicional.
NORMAS DO MARATÓN:
- Durante as 10 horas que dure a competición sempre ten que haber un
membro do equipo competindo.
- Tiraranse as seguintes distancias: 70, 50, 30 e 18 metros.
- Os equipos poden ser mixtos e terán que estar compostos por un mínimo de 3
arqueiros/as e un máximo de 6. A modalidade dos/as arqueiros/as poderá ser:
arco recurvo, poleas e tradicional.
- Os equipos compostos por persoas menores de 14 anos ou arqueiros que tiren
con arco tradicional recibirán unha compensación de 20 puntos por cada tirada
que realicen estes/as arqueiros/as.
- Os equipos compostos por arqueiros/as que tiren con arco de poleas
descontarase 30 puntos en cada distancia que realicen estas persoas.
TROFEOS: Recibirán trofeo os tres primeiros equipos clasificados.

HORARIO ORIENTATIVO:
09:00 – 09:45 Recepción de arqueiros/as, entrega de dorsais, revisión
de material e adestramentos.
10:00 – 20:00 Competición
20:30 Entrega de trofeos

Horarios
Sin establecer
Inscripción Resultados