Campeonato Adarve
24/05/2016Volver
DATA: 4 de xunio de 2016
LUGAR: Campo de Tiro Sílex (43.4525°N 7.8622°W)
Poboado As Veigas - Rua Mandeo
As Pontes
MODALIDADE : Arco Recurvo e Composto
Arco recurvo: Serie 2x70 con eliminatórias por set , dende ¼ de final e en función do numero de inscritos.
Arco Composto: Serie 2x50m com eliminatórias por puntos, dende ¼ de final e en función do numero de inscritos.
CLASE : Veterán, Sénior, Xuvenil e Cadete, muller e home.
CLASIFICACION : por categorías
REGULAMENTO : WA , normativa RFETA e normativa FGTA.
Para que exista clasificación dunha categoría terán que incribirse un mínimo de cinco arqueiros. en dita categoría.
Habera trofeo para os tres primeiros de cada categoría
Será declarado gañadora ou gañador do Trofeo Sílex o arqueiro/a gañador/a do enfrontamento entre os gañadores muller e home senior da división de arco recurvo, no caso de que existan ditas categorías. Só poden optar ó Trofeo Sílex os arqueiros/as senior da división Recurvo.
Torneo de secundário, para todos os que non disputen as eliminatórias para os troféos por categorias.
INSCRIPCION : 20 euros para os participantes . A inscrición incluirá auga, froita e un tentempie o remate do Torneo .
Os abonos faranse na conta do Club Sílex en ABanca de As Pontes ccc ES71 2080 5200 3830 4000 3663
No caso de superar as inscricións a capacidade da liña de tiro, recuriráse á data de recepción da inscrición
A data limite para a recepción das inscricións é o 30/05/16 as 22:00 h.
As inscricións as podedes dirixir por correo electrónico ó seguinte enderezo: arcosilex@arcosilex.org
Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto con Alfredo no tlfno. 661 408 973 ou Manuel no tlfno 600 589 287.
HORARIO :
Sabado, 4 de xunio de 2016
9:30 h Recepción de arqueiros
Entrega de dorsais
Adestramentos
10:15 h Inicio do XXV Trofeo Sílex
36 frechas a distancia de 70/50 m
36 frechas a distancia de 70/50 m
13:30 h Descanso para xantar
15:30 h Torneo Secundario
Eliminatorias
17:30 h Finais XXV Trofeo Sílex
17:50 h Remate XXIII Trofeo Sílex coa proclamación de Campións e entrega de trofeos.
18:15 h Tentempié para os participantes
A Organización reservase, en función do número de inscritos, modificar o horario, o que comunicara oportunamente.
Para o xantar contaremos coa colaboración do restaurante Daniel, a quen se lle pode encargar, bocadillos ou racións, que nos servira nas instalacións do Club, ou desplazarse ata o Restaurante a xantar ali.
Os interesados en pasar a noite en As Pontes podedes facer as reservas nos seguintes establecementos:
Hotel Pontes do Eume
Rua Rivera Chao, 10
tlfno 981 453 083
Restaurante Daniel
Rúa A Balsa tlfno. 981 452 150 Pensión Silva Rúa A Balsa tlfno 981 450 316
Tamén tedes a vosa disposición as instalacións do Club, con zona de acampada e vestiarios con aseos e duchas, por si queredes utilizalas para pasar a noite.