Campeonato Adarve
28/10/2015Volver
Data: 18 e 19 decembro de 2015
Lugar: Pavillón municipal de As Pontes sito en :
Avda. da Habana s/n (As Pontes)
(43.4502oN 7.8442oW)
Categorías e modalidades admitidas:
Absoluta : recurvo e composto (masculino e feminino)
Normativa:
Normativa WA aplicable ó formato de tiro en sala.
O torneo constará da serie clasificatoria (2 x 30 frechas a 18m sobre diana triple vertical) e das
series de eliminatorias (dende oitavos de final caso de haber máis de 20 inscritos na categoría.
Se non, dende cuartos de final en todo caso, habendo pases directos se corresponde).
Recordamos que as eliminatorias en recurvo son por sets e en composto por puntuación
acumulativa.
As finais (recurvo home, recurvo muller, composto home e composto muller) realizaranse
nun campo de finais adecuado ó efecto, para favorecer a visibilidade e o espectáculo, e por
sistema de tiro alterno (sempre respetando formato WA).
Todolos arqueiros que non clasifiquen para as series de eliminatorias, disputarán o torneo
secundario.
Torneo secundario:
Constará de tres series de 5 frechas que se tirarán en 120 segundos á diana específicamente
creada para este torneo (adxuntamos pdf con seu formato).
Nota: Haberá unha serie de quecemento previo ás tres series de competición.
A diana consta dunha zona negra , dita zona computará como “ acerto”. O resto da diana será
considerado como “fallo”. Unha vez concluidas as 3 series de puntuación, computaranse os
acertos, firmarán a diana o arqueiro e un tanteador, retirarase a diana, e cada arqueiro levará
a súa á mesa de control de tiro. Establecerase a clasificación (unha para composto mixto e
outra para recurvo mixto).En caso de empate, prevalecerá, en todo caso, a posición obtida na
fase clasificatoria.
INSCRIPCIÓN:
A inscripción ábrese o día 1 de Outubro ás 00:00h e o prazo finalizará o día 30 de novembro
ás 23:59h ou ata completar o aforo admitido.
O coste da inscripción será de 25 euros.
Os arqueiros menores de 18 anos pagarán 20 euros.
A inscripción realizarase cubrindo a ficha adxunta e enviándoa debidamente cuberta á
seguinte dirección de correo electrónico (ineludiblemente todas canalizaranse a través desta
dirección de email):
capsilex15@gmail.com
No correo de inscripción enviarase a ficha cuberta e o xustificante de pago da inscripción das
persoas que vaian na ficha ( pode facerse inscripción individual, por grupos ou por clubes, pero
debe coincidir a ficha co xustificante de pago adxunto).
IBAN: ES71 2080 5200 383040003663
NON SE ADMITIRÁN INSCRIPCiÓNS SEN XUSTIFICANTE DE PAGO, POLO TANTO NON SE
FORMALIZARÁ A INSCRIPCIÓN SIN O XUSTIFICANTE CORRESPONDENTE AXUNTO
Caso de superar o número de inscritos á capacidade da instalación, os importes serán
devoltos á misma conta que os ingresou, e na misma cantidade.De todas formas, irase
informando convintemente do avance das inscripcións na páxina oficial de Facebook habilitada
para o evento, a fin de evitar molestias innecesarias.Dita páxina é a seguinte:
www.facebook.com/capsilex2015
En todo caso as devolucións efectuaríanse a semana despois de concluir o prazo de
inscripción.
Disponse de DOUS turnos de tiro (un ás 8:00h da mañán e outro ás 11:00h).As inscripcións
atenderanse por riguroso orden de chegada, completando PRIMEIRO o turno das 11:00h (96
plazas en turno AB-CD) e una vez cuberto, empezarase a completar o turno das 8:00h (48
plazas en turno único AB).
É importante marcar as preferencias de tiro na ficha adxunta, por si fora posible cumplir o
desexo do arqueiro.En todo caso , marcar un turno non asegura o poder ser asignado ao
mesmo.
HORARIO COMPETICIÓN:
Venres 18 de decembro:
19:30 a 21h : Adestramentos Libres . (Non se respetará o sorteo de dianas, o arquero tira nos
ocos disponibles.)
Poderase retirar a acreditación e pasar a revisión de material o mesmo venres neste horario.
Sábado 19 de decembro :
7:30h: Acreditación e revisión de material turno 1.
8:00h: Inicio quecemento (5 series), e inmediatamente fase clasificatoria.(Haberá 10min de
descanso entre as duas series) (TURNO ÚNICO AB)
Mentres tire o turno 1 poderase recoller a acreditación e realizar a revisión de material do
turno 2.
11:00h: Inicio quecemento (5 series), e inmediatamente fase clasificatoria. (Haberá 10 min de
descanso entre as duas series) (TURNO AB-CD)
14:30h: Parón para xantar.
16:00h: Inicio trofeo secundario (1 serie de quecemento e 3 de puntuación en turno AB-CD)
Prégase atención ,ao voltar de comer, ao novo sorteo de dianas, situado no tablón de anuncios.
17:00h: Inicio series eliminatorias CAP15.
Oitavos de final, cuartos de final, semifinais e bronces.
20:15h: INICIO FINAIS CAP15.
21:45h: ENTREGA DE TROFEOS e sorteo de regalos.
PREMIOS:
Haberá premios para os catro primeiros clasificados en cada categoría e modalidade
consistentes en trofeo conmemorativo e caixa degustación típica.
Os postos do quinto ao oitavo terán dereito á devolución do importe da inscripción aboada.
Trofeo secundario:
O trofeo secundario repartirá entre os cinco primeiros clasificados de cada división (recurvo e
composto sen distinción de sexos) material suministrado polos nosos colaboradores por valor
de máis de 500 €.
Haberá sorteo final , ao concluir a entrega de trofeos , por cortesía das marcas que colaboran
no evento, de material de arquería por un valor superior a 500€.
En todo caso, informarase apropiadamente do reparto de premios e novos incentivos, a través
da páxina oficial de Facebook do evento.
Varios:
Infórmase ós participantes e non participantes na competición, que haberá postos de venda
e exposicións na zona alta del pavillón, das marcas e tendas que apoian o evento.O acceso
será libre e poderá adquirirse material a precio especial de campionato, así como ver as
novidades do mercado. Asimesmo, irase informando apropiadamente das ofertas e primicias a
este respecto a través da páxina oficial de Facebook do evento.